O REGULAMENTO TÉCNICO DE PRODUCIÓN DE LEITE DE CERTICAR S.L., ESQUEMA DE CALIDADE RECOÑECIDO A NIVEL ESTATAL



O Ministerio de Agricultura ven de recoñecer o regulamento técnico de produción de leite de CERTICAR S.L.. como Esquema de Calidade Recoñecido a Nivel Estatal, o que permitirá ós gandeiros amparados por este esquema acceder ás axudas que establece o RD 202/201 dentro dos pagamentos da P.A.C.

Neste sentido, os gandeiros que xa dispoñen da Certificación de Boas Prácticas na Producción de Calidade de Leite da S.G.C.G., recibirán tamén a finais de ano (unha vez realizadas as pertinentes comprobacións das calidades hixiénico-sanitarias a certificación amparada por este Regulamento Técnico.

Aínda que o recoñecemento a nivel estatal deste esquema de calidade xa é abondo ós efectos do cobro da PAC, por parte da Xunta de Galicia existe a intención de publicar en breve o recoñecemento oficial da certificación da S.G.G.C. a nivel autonómico.








CONGRESO MUNDIAL DE BUIATRÍA DE LISBOA



O Directivo de ADSGestion S.C.G., Juan C. Laxe, ven de participar na XXVII edición do Congreso Mundial de Buiatría, que nesta ocasión tivo lugar en Lisboa.
No congreso participaron case un milleiro de facultativos especialistas en medicina bovina dos 5 continentes, nun denso programa que incluíu gran cantidade de ponencias, conferencias maxistrais, workshops e simposiums paralelos.

SEMINARIO DE FORMACIÓN PARA VETERINARIOS DE ADSG



Patrocinado por Intervet Schering-Plough, o 26/4/2012 celebrouse en Salamanca un seminario de actualización para veterinarios de ADSG, na que participou unha nutrida representación do cadro de persoal de ADSGestion S.C.G.
 
No seminario, interviu Jorge Donate (MSD Animal Health), abordando a Situación actual da IBR e da BVD. 

Pola súa parte, Luís Miguel Ortega do Grupo Saluvet abordou diversos casos clínicos sobre Neosporose.

TRINTA E UNHA EXPLOTACIÓNS ACADAN A CERTIFICACIÓN DE BOAS PRACTICAS EN PRODUCIÓN DE CALIDADE DE LEITE



Un total de 31 explotacións, que producen en conxunto máis de dezaseis millóns de quilogramos de leite, veñen de obter a certificación emitida pola empresa CERTICAR S.L., que garante que estas explotacións cumpren coas boas prácticas en producción de calidade de leite. Trátase dunha certificación de carácter oficial, recoñecida a tódolos niveis.

O titular do programa de certificación é Servizos Gandeiros Centrais de Galicia, S.C.G., agrupación de gandeiros para os que ADSGestión S.C.G. realiza os traballos de aconsellamento no relativo á calidade do leite.

Logo dun proceso de case dous anos, nos que os técnicos de ADSGestión viñeron realizando ás explotacións gran cantidade de visitas e auditorías, das máis de 77 granxas que participan no programa de certificación, un total de 31 estaban en condicións de acadar a certificación. Por parte dos auditores externos de CERTICAR S.L., contrastáronse as actuacións mediante revisións documentais e auditorías de campo nas explotacións, que resultaron satisfactorias.

Esta certificación permite ós gandeiros non só acreditar a máxima calidade do leite que producen, senón que pode permitir o acceso a mellores prezos por parte das industrias, e incluso axudas directas por parte da administración.

NOVO SERVICIO DE PODOLOXÍA PARA OS GANDEIROS



ADSGestion ven de chegar a un acordo de colaboración co Equipo de podólogos Hermanos López, para que os gandeiros da ADSG Galicia Centro e da S.G.C.G. podan acceder tanto a revisións periódicas (recortes preventivos) como a un servicio de atención de urxencias, a prezos favorables.

Os gandeiros interesados poden contactar co equipo de podoloxía no teléfono 646 352 631.


PROGRAMA DE ACTUALIZACIÓN EN CALIDADE DE LEITE PARA OS FACULTATIVOS DE ADSGestion, S.C.G.



Coa colaboración de Boehringuer Ingelheim, ADSGestión S.C.G. inicia un programa continuo de formación para os técnicos implicados nos programas de calidade de leite. O pasado 16 de Decembro de 2011, Luís Miguel Jiménez –experto en mamite de recoñecido prestixio de Servet Talavera- impartiu un seminario sobre Análise e Interpretación de Informes Analíticos e Estadísticos de Mamite a nivel de explotación.
En próximas datas, o programa de formación completarase con seminarios de campo sobre control dinámico de instalacións de muxido.

CONSTITUIDA A ADSG DE GUNTIN



A Consellería de Medio Rural ven de recoñecer a recentemente constituída ADSG de Guntín, que engloba a 80 explotacións con máis de 6000 reses de vacún deste concello do interior da provincia de Lugo.

O desenvolvemento do programa sanitario desta agrupación foi contratado a ADSGestion S.C.G.



A ADSG GALICIA CENTRO AMPLIADA A ORDES

Como resposta á demanda dun grupo importante de gandeiros, a ADSG Galicia Centro ampliou o seu ámbito de actuación para incluír o concello de Ordes. Como consecuencia, no momento actual a ADSG abrangue os concellos de Guitiriz, Aranga, Irixoa, Melide, Toques, Santiso, Tordoia, Cerceda, Abadín e Ordes; están asociadas á ADSG máis de 700 explotacións de vacún, con máis de 23.000 UGM en total.

O novo ámbito de actuación xa foi recoñecido pola Consellería de Medio Rural, o que conforma á ADSG Galicia Centro como unha das máis dimensionadas de Galicia.

PROGRAMA MASTER BOLONIA 2012



Unha representación de ADSGestion S.C.G. participou no “Programa Master Bolonia 2012”, organizado por Fatro Ibérica o pasado Xuño de 2011. O intenso programa incluíu unha visita ó Museo de Anatomía Patolóxica da Facultade de Veterinaria de Bolonia, así como un percorrido pola pranta de fabricación de Fatro, onde ademais de visualizar as condicións de fabricación de zoosanitarios, diversos especialistas ofreceron interesantes ponencias:
§  “A xestión da mamite na cría do gando leiteiro, centrándose no secado”, polo Dr. A. Barberio (Istituto Zooprofilattico delle Venezie – Vicenza)
§  "Uso e análise de datos da explotación nos programas de vixilancia e control da mamite”, polo Dr.. F. Testa (Dipartimento Patologia Animale Igiene e Sanità Pubblica Veterinaria Università Milano)                      

Dentro do programa, tamén se realizaron visitas a diversas explotacións de vacún  na área de Mantua, como a Granxa ERSAF, e a Azienda Agrícola Nordera, así como unha visita a un Caseificio onde se puido comprobar o particular xeito de producción do queixo Parmigiano Reggiano. Igualmente, o responsable técnico do Consorcio desta Denominación de Orixe impartiu unha interesante charla sobre o  "Sistema de Control de Calidad Parmigiano Reggiano "

CERTIFICACIÓN DE EXPLOTACIÓNS: inícianse os cursos de formación para gandeiros


En días pasados celebráronse as primeiras 4 tandas de cursiños para os gandeiros que participan no programa de certificación de explotacións de Leite.
Os cursiños, cunha duración de tres días cada un, celebráronse en Guitiriz e Castro Ribeiras de Lea. En cada unha destas localidades programáronse 2 cursiños, xa que pola filosofía dos mesmos o número de asistentes debe ser reducido para facilitar unha mellor participación.
En total, xa recibiron os cursos de formación máis de 60 gandeiros.
Nas vindeiras semanas, está prevista a celebración de novas edicións en Ordes (A Coruña), Betanzos e A Cabana.
Os cursiños foron impartidos por Patricia de Celis, da empresa Serclivet, coa que ADSGestión ten contrado o uso do Know How do proceso de certificación.

ADSGestion crea un Servizo de Identificación de Bovino


Diante das demandas dos gandeiros integrados nas agrupacións, ADSGestion procedeu á incorporación dun novo facultativo veterinario para realizar o control da Identificación Bovina dentro de varias das ADSG que teñen contratados os nosos servizos.
A identificación dos animais, xestión de altas/baixas, duplicados, etc, realizarase nas propias explotacións. A veterinaria responsable do Servizo, Amalia Vidal visitará con periodicidade semanal os distintos concellos, actuando a demanda dos gandeiros.
O sistema é cofinanciado polas ADSG e os propios gandeiros, para tentar que o custe sexa asumible polas explotacións.
Na actualidade, o servizo está a disposición dos gandeiros da ADSG GALICIA CENTRO, que engloba más de 500 explotacións, aínda que hai varias outras ADSG valorando a súa implantación.

A ADSG GALICIA CENTRO amplíase a CERCEDA

La recientemente creada ADSG GALICIA CENTRO, proveniente de la fusión de las ADSG de Guitiriz, Agrupación Gandeira de Abadin, ADSG Compostela (Tordoia), ADSG de Irixoa y ADSG Salus Bovis (Aranga), acaba de ampliar su ámbito de actuación.
Se han integrado en la misma casi medio centenar de explotaciones del Término Municipal de Cerceda (Provincia de A Coruña), limítrofe con el concello de Tordoia.
En la actualidad, continúan produciéndose nuevas incorporaciones a la ADSG, a medida que los ganaderos inician el programa zoosanitario.

Nova Imaxe Corporativa do Grupo ADSGestion


ADSGestion, SCG, ven de estrenar o seu novo logotipo, que foi deseñado por la empresa Ars logo design.
A nova imaxe actualizará a que viña sendo empregada dende o ano 2003, e será paulatinamente incorporada en todas as pubricacións, webs, etc, xeneradas pola empresa.

A AGCG INICIA O PROCESO DE CERTIFICACIÓN DE EXPLOTACIONS


ADSGestion SCG ven de concertar coa consultora Serclivet e a entidade de certificación CERTICAR o procedemento para iniciar a certificación de máis de 70 explotacións de vacún productoras de leite asociadas á Agrupación Gandeira Central de Galicia, e que veñen desenvolvendo o seu programa de mellora da calidade do leite.
Neste proceso de certificación, ADSGestión aportará o asesoramento ás explotacións que participan no programa, empregando o Know-how, e o sistema de xestión documental de SERCLIVET. A entidade que realizará a certificación será CERTICAR, que é pioneira no control de calidade de produccións animais, e dispón de diversas acreditacións outorgadas pola ENAC.
O pasado 10 de decembro, responsables de ADSGestion e SERIVET Veterinaria SL, xunto con técnicos de campo de ambas empresas, mantiveron una reunión en Guitiriz con Ileana Calixto, Directora Xeral de CERTICAR e mais con Javier Miguelez, Responsable de SERCLIVET SL.
Está previsto que ó longo do mes de xaneiro comecen os cursos de formación para os gandeiros integrados no programa de certificación.

Creada a ADSG GALICIA CENTRO, que fusionará 5 ADSG


Estanse a realizar os trámites para a legalización da nova ADSG GALICIA CENTRO, entidade na que se fusionarán as ADSG de Abadin, Salus Bovis, de Guitiriz, Compostela e San Lorenzo de Irixoa.
A nova ADSG estará formada por maís de cincocentas explotacións de vacún, con máis de 15000 UGM, e levará a cabo un programa zoosanitario en común que será xestionado por ADSGestion SCG.
A ADSG Galicia Centro conformarase como unha das agrupacións de defensa sanitaria gandeira máis grandes de Galicia e da Cornixa Cantábrica. Está previsto a ampliación do seu ámbito de actuación a outros concellos do entorno, xa que a nova iniciativa permitirá superar atrancos de tipo localista que dificultaban ata o momento a ampliación.

Congreso Nacional de Veterinarios de ADSG de Rumiantes


Con gran éxito de participación y organización, se celebró en Oviedo el I Congreso de Veterinarios de ADSG celebrado a nivel estatal.

Por parte de ADSGestion, asistió una concurrida representación de 5 veterinarios, que tuvieron ocasión de participar activamente en las distintas mesas de trabajo.

Las ponencias del congreso se pueden consultar de forma libre en www.dropbox.com, indicando el correo info@congresoveterinariosads.com, y el password oviedo.

Enhorabuena a los organizadores. Esperamos que la iniciativa tenga continuidad en los próximos años.

Próximo congreso Estatal de Veterinarios de ADSG

Se celebrará en Oviedo, los días 24 y 25 de Noviembre, en el Auditorio Príncipe Felipe.

Esta convocatoria viene de la necesidad de armonizar los conceptos y servicios que los veterinarios prestan a las ADSG en las distintas autonomías, además de hacer un recorrido eminentemente práctico por las enfermedades con las que habitualmente se trabaja. El enfoque es el de plantear dudas a quien las pueda resolver, tanto a nivel de relaciones con las distintas instituciones, como en los procesos en los que estamos involucrados cada día, dudas en los resultados, problemas de interpretación, toma de medidas adecuadas…
Además se pretende ampliar los conocimientos tocando procesos interesantes en la clínica veterinaria. Así habrá, además de las charlas sobre las cuatro enfermedades habituales, IBR, BVD, NEOSPOROSIS Y PARATUBERCULOSIS, ponencias sobre Tricomonas, una enfermedad clásica y que vuelve a presentarse en ciertas zonas estudiadas recientemente, Besnoitiosis, Fiebre Q, una zoonosis cada vez más importante, como se comprueba con los fallecimientos de numerosas personas acaecidos en Holanda y Bélgica en fechas recientes.
También se hablará sobre Herramientas en la Toma de Decisiones en la Medicina Preventiva, útiles para todo tipo de trabajos de campo, o de Panleucopenia ( Pancitopenia ) Neonatal Bovina, proceso de origen incierto que está causando grandes problemas en Alemania y Centroeuropa.
Lengua Azul, un ponente del Ministerio revisará todas las novedades y la alarma surgida por los rebrotes en Marruecos.

Más información en www.congresoveterinariosads.com


Simposium internacional sobre IBR y BVD


Del 31 de Mayo al 1 de Junio se celebró en Praga un interesante simposium organizado por la Facultad de Medicina Veterinaria de la Universidad de Lieja (Bélgica) y I.S.P. Animal Health, bajo el título "BVD and IBR Control: the key to successful herd management".
En el simposium participaron muchos de los principales expertos europeos sobre estas enfermedades. Especialmente interesante resultó conocer la situación de los programas oficiales o privados de control en nuestros Estados vecinos: Alemania, Francia, Reino Unido, Holanda, Italia, etc.
A este evento tuvo la oportunidad de asistir como invitado el integrante de ADSGestion, Juan C. Laxe. Las ponencias pueden ser consultadas en nuestras oficinas.

PARTICIPACION DE ADSGestion en la reunión del GTEMCAL 2010


Los días 9 y 10 junio se celebró en Barcelona la XXIV Reunión del Grupo de Tecnicos Especialistas en Mamitis y Calidad de la Leche (GTEMCAL) en el “BCN EXPOAVIGA CONGRESS”, dentro del Salón Internacional de la Tecnología Ganadera “EXPOAVIGA 2010”, al que asistió una representación de ADSGestion SCG

“Aseguramiento de la calidad y de la seguridad de la leche en la granja y su certificación” fue el lema del programa, que incluyó 8 ponencias distribuidas en 3 sesiones temáticas:

* Sesión 1. “Aseguramiento de la calidad y seguridad de la leche en la cadena láctea y su certificación”.
* Sesión 2. “Certificación del sistema de producción, calidad y seguridad de la leche en la granja. Una oportunidad para su diferenciación”.
* Sesión 3. “Hacia una producción de leche más sostenible. Producción de leche integrada y ecológica: manejo y calidad diferenciada y su certificación”.

ADSGestion en ANEMBE 2010


Unha representación de ADSGestion SCG participou no XV congreso de Especialistas en Medicina Bovina, organizado por ANEMBE, que se celebrou en Granada o 10 e 11 de Xuño de 2010.
De particular interese resultou una mesa redonda sobre "ADSG: una nueva década de retos y oportunidades para el veterinario de vacuno", onde se puxo de manifesto as grandes diferencias existentes entre o enfoque das ADSG na Cornixa Cantábrica, e o resto do Estado Español (onde fundamentalmente se ocupan do control das enfemidades incluidas no Saneamento Gandeiro: Brucelose, Tuberculose, Leucose e Perineumonía).
Tamén resultaron interesantes diversas ponencias sobre Fiebre Q, Xestión de Recursos Humanos, e os seminarios de Mamite.

Seminario sobre mastitis


O vintenove de xuño o grupo de Mamite de ADSGestion SCG celebrou un novo seminario formativo sobre o tema "Ferramentas Complementarias para o control da Mastite".
A dinamización do seminario correu a cargo de Maite Bastero Rezola, da División Veterinaria de Boehringuer Ingelheim España, S.A.
Como finalización, Maite Bastero presentou os resultados dunha proba de campo realizada co antimamario Ubrolexin.

Seminario de formación para Veterinarios de ADSG


Varios veterinarios responsables pertenecientes a ADSGestion SCG han participado en el Seminario de Actualización de Conocimientos para Veterinarios de ADSG, que se ha celebrado los pasados días 21 y 22 de mayo en el Parador Nacional de Turismo de Salamanca.
En dichas jornadas los temas tratados fueron:

  • Actualización de BVD/ Actualización de IBR (Jorge Donate)
  • Diagnóstico de diarreas neonatales en ganado vacuno: Protocolo de los 5 pasos. (Manuel Cerviño)
  • Cryptosporidiosis en ganado vacuno (José Antonio Castro Hermida)
  • Nuevo Real Decreto de estructura de ADSG y sus repercusiones para el veterinario. (José Luis Paramio Lucas)
De particular interés resultó la exposición de José Luis Paramio Lucas, Jefe del área de Higiene Ganadera del MARM, con el que responsables de ADSGestion SCG tuvieron oportunidad de conversar pausadamente sobre los proyectos e intenciones del Ministerio para las ADSG en el futuro.

Particularmente animada resultó también la componente lúdico-festiva del evento. El grupo de veterinarios de ADSGestión pudo disfrutar de animadada noche de Salamanca, sin que al día siguiente ni uno solo de los integrantes descuidase sus deberes formativos.

Seminario formativo sobre "Actualización en Tratamentos de Secado en Mamite"



Como continuación del Seminario de formación interna celebrado semanas atrás, el 7 de mayo tuvo lugar una nueva jornada de trabajo dinamizada por Jorge Donate (Laboratorios Intervet-SP) . En este seminario se discutieron los resultados de las últimas investigaciones publicadas sobre la eficacia de los distintos quimioterapéuticos para la profilaxis y curación de la mastitis bovina.

Acto formativo das ADSG de Guitiriz, Salus Bovis e ADSG de Irixoa



O pasado 5 de maio celebrouse un novo acto formativo conxunto das ADSG Salus Bovis (Aranga), ADSG de Guitiriz e ADSG San Lourenzo de Irixoa. Aproveitando a cercanía xeográfica dos concellos das tres agrupacións, na Casa Habanera de Guitiriz realizouse unha charla sobre o tema "Diarreas Neonatais no Bovino", na que se disertou sobre o diagnóstico e control destas patoloxías no gando.
Ó remate, tivo lugar un movido coloquio e a continuación os participantes degustaron un viño de confraternidade.

Charla de Alfonso Zecconi sobre control de mamite por Staph. aureus en Italia

O pasado 13 de Abril Fatro Ibérica realizou a presentación do novo antimamítico "Rifacetril". O profesor Alfonso Zecconi, presidente do Mastitis Council italiano, realizou duas presentacións sobre "Manejo y salud de la ubre" e "Programa de Control de Staph. aureus en Italia".
O máis interesante foi o seu plantexamento de que a mamite por aureus debe ser considerada como producida por un patóxeno de tipo contaxioso, non ambiental, polo que é susceptible de ser erradicada dunha explotación.
Para iso, empregan un protocolo de segregación de animais positivos, tratamentos en lactación e secado, e eliminación de animais infectados.
Á xornada asistiron diversos facultativos do grupo de mamite de ADSgestion.

Superadas las 500 explotaciones en el Programa de Mejora de Calidad de la Leche


A Asociación Gandeira Central de Galicia, que ven adxudicando a ADSGestion SCG o desenvolvemento do seu Programa de Mellora de Calidade do Leite, ven de superar as 500 explotacións que activamente cofinancian o seu Control de Mamite por esta vía.

Asamblea na ADSG de Abadin


O pasado 17/3/2010 celebrouse unha Asamblea Xeral Ordinaria da ADSG "Agrupación Gandeira de Abadín", que dende a súa constitución mantén contratados os servizos de ADSGestion SCG. Na citada Asemblea aprobaronse as contas do ano 2009 e un incremento de cotas do 50% para o ano 2010.
Finalmente, o Veterinario Responsable Juan Carlos Laxe realizou unha charla formativa, na que se resumiron diversos aspectos de interese sobre a IBR, BVD e Paratuberculose, expoñendo os resultados que se veñen obtendo na ADSG de Abadin. Para rematar o acto, celebrouse unha cena de confraternidade nun restaurante da vila.

CURSOS DE TELEFORMACIÓN (COOPERATIVISMO)

A Dirección Xeral de Relacións Laborais ven de ofertar diversos cursos para cooperativistas e persoas traballadoras de cooperativas. Versarán sobre Formación Cooperativa Básica, Formación Cooperativa en Xestión e Dirección, Habilidades Sociais Básicas en Cooperativas, Marketing, Resposabilidade social, Planeamento estratéxico e igualdade de xénero.
Os interesados poden informarse en www.cooperativasdegalicia.coop ou no tfno 981563252

Seminario "Tratamiento de la Mastitis en Lactación y Secado"


El día 3 de Marzo se celebró en las oficinas de ADSGestion SCG un Seminario sobre "Tratamiento de la Mastitis en Lactación y Secado", en el que participaron la mayor parte de los veterinarios del grupo de Calidad de Leche de ADSGestión, así como otros técnicos de ADSG vinculadas.
El seminario fué de nuevo coordinado por Jorge Donate Laffite, y durante unas cuatro horas se abordaron y pusieron en común distintas técnicas encaminadas a la curación bacteriológica de los bovinos con mamitis subclínica y clínica.
El debate fué especialmente animado al abordar la sensibibilidad y especificidad de las distintas pruebas de detección de resíduos de antibióticos en la leche de tanque, ya que en la actualidad los test rápidos que utilizan las industrias y laboratorios interprofesionales suelen aportar falsos positivos en leches que efectivamente pueden tener cantidades de antibiótico luego de un tratamiento, pero por debajo de los LMR.

Seminario sobre Neosporose e IBR


O pasado 18 de Febreiro organizouse un Taller de Traballo sobre Neosporose e IBR en Vacún, no que participaron 16 dos veterinarios de ADSGestion e ADSG vinculadas. O seminario foi dinamizado por Jorge Donatte Laffite, Responsable Técnico de Vacún de Leite do Laboratorio Intervet SP.
Dentro dos temas abordados, discutiuse a elección de animais para as mostraxes destas enfermidades (en función da edade, estado de xestación, etc); a transmisión horizontal da neosporose foi especial motivo de debate.
O vindeiro 3 de marzo celebraremos un novo seminario formativo, nesta ocasión abordando o tema "Tratamento da Mamite en Lactación e Secado".

Entra en uso unha nova aplicación informática para o Programa de Mellora da Calidade do Leite


Ó traveso da empresa filial Nattec S.L., elaborouse unha aplicación informática para a elaboración e xestión de Plans de Incumprimento e Follas de Recomendacións para aqueles gandeiros que teñan recibido notificacións por problemas de calidades (Células Somáticas, Bacterioloxía). A aplicación denomínase "LEITTEC", e permite unha rápida elaboración dos informes, que ademáis serán homoxéneos e doadamente consultables.
O programa foi xa distribuido ós técnicos de calidade do leite de ADSGestion SCG. Nun futuro próximo, cóntase dispoñer dunha evolución deste programa, de xeito que a elaboración dos informes se realice on line, e non a través de aplicacións instaladas no pc.
Na actualidade ADSGestion SCG está desenvolvendo un programa de Mellora da Calidade en preto de 700 explotacións de leite, englobadas na Agrupación Gandeira Central de Galicia.

Nova ADSG

Unha nova ADSG ven de contratar os Servizos de ADSGestion SCG. Trátase da ADSG da Ulloa, radicada no concello de Antas de Ulla (Lugo). Polo momento, abarca unhas 2000 UGM, e o traballo de campo será realizado polo veterinario Jose Luis García Quinteiro.

Comezan as auditorías técnicas das ADSG

En pasadas datas, os técnicos da Consellería do Medio Rural finalizaron as auditorías técnico-administrativas das ADSG da Provincia de Lugo que xestiona ADSGestion SCG. Todas elas tiveron un resultado positivo. Na actualidade, a Consellería do Medio Rural está a realizar as inspeccións de campo nas explotacións.

Pubricada a nova orde de Axudas para as ADSG en Galicia


No DOGA do 11/11/2009 saiu pubricada a Orde do 6 de novembro, polo que se establecen as axudas ás entidades recoñecidas como ADSG en Galicia.
O prazo de solicitudes abarca ata o 11/12/2009. Como principais novidades, figura a posibilidade de solicitar pagos anticipados, así como a obriga de realizar unha clasificación sanitaria das explotacións fronte a IBR, BVD e Paratuberculose.
Os conceptos e cantidades subvencionados non presentan grandes diferenzas sobre o ano pasado.

Sae pubricada a orde que regula as axudas para a calidade do leite

No DOGA do 3/11/09 saiu pubricada a orde da Consellería do Medio Rural que regula as axudas a entidades gandeiras e primeiros compradores para a mellora da calidade do Leite.
A nova orde ten numerosas variacións sobre as anteriores, e probablemente supoña un punto de inflexión nestes programas que se veñen realizando nos últimos anos.

Charla de Emili Calvet sobre Calidad de la leche


El pasado 27 de Octubre, organizado por el laboratorio Virbac y su distribuidor en Lugo Galeno, especialidades Veterinarias, se celebró un seminario sobre calidad de leche en el que Emili Calvet, especialista de la empresa
Veterinarios Asesores de la Producción Lechera S.L.P. disertó sobre El período de secado: un período fundamental para la producción de leche de calidad.”. Posteriormente, el Director de Marketing de dicho Laboratorio, Cédric Cabrolier, expuso las ventajas de Cobactam LC, antimamítico de Secado que comercializan.
Al seminario asistieron, por parte de ADSGestion SCG las veterinarias Marina Pardo López y Sandra Vigo Fariñas, así como Rocío Alvarez Zamuz (Serivet Veterinaria SL)

SE INICIA EL PERIODO DE PRUEBAS DE LA APLICACION WEB KABANO

La aplicación Kabano (en esperanto=cabaña de animales) será la nueva herramienta para gestión de programas voluntarios de sanidad animal (como los realizados en las ADSG). El grupo ADSGestión, a través de su empresa NATTEC SL, lleva varios años trabajando en el diseño de este producto junto con la empresa TICTOUYOU SL.
En la actualidad, es plenamente operativa la aplicación de gestión de analíticas (que nuestros veterinarios ya vienen utilizando desde hace meses en www.adsg.info), y se están testando el observatorio epidemiológico (revisión de estadísticas y alarmas sobre situación zoosanitaria) y la aplicación de informatización on line de actuaciones del programa zoosanitario.
En el proyecto KABANO también figura la Universidad de Santiago de Compostela como asesor técnico.

FINALIZOU O PLAZO DE XUSTIFICACION DAS AXUDAS DE ADSG 2009


O pasado venres día 30/10 finalizou o prazo de entrega da documentación técnica e económica dos programas zoosanitarios das ADSG que optaron a subvención da Consellería do Medio Rural para a cofinanciación do seu Programa Zoosanitario. Durante os últimos días, tanto veterinarios responsables como os servizos administrativos de ADSGestion (e tamén os centros dispensadores de zoosanitarios) tiveron que afrontar un esforzo extra para que a documentación puidera estar a tempo nos Servizos Veterinarios Oficiais.
Nesta anualidade, informatizaronse, contabilizáronse e tramitaronse as memorias das ADSG Terras do Tambre, ADSG Rio Narla, ADSG Castro de Rei, ADSG de Guitiriz, ADSG Salus Bovis, ADSG de Irixoa e ADSG de Abadin.

Seminario - Reunión de Calidade do Leite co Dr. Ynte Schukken


Organizado polo laboratorio Intervet-Schering Plough Animal Health, o pasado 26/10/09 tivo lugar en Santiago de Compostela unha conferencia do Dr. Schukken, un dos principais referentes mundiais en control de mamite e calidade do leite, que actualmente exerce na Universidade de Cornell (New York).
A interesante conferencia tratou sobre Aspectos epidemiolóxicos do control de das infeccións intramamarias, en particular o emprego de técnicas moleculares como o PCR.
Á reunión asistiron os veterinarios do grupo de Calidade do Leite de ADSGestion SCG Marina Pardo, Sandra Vigo, e Juan. C.Laxe

Seminario sobre "USO DE TILOSINA EN MASTITIS"


El pasado 22 de Octubre, el grupo de mamitis de ADSGestión celebró un Seminario Formativo sobre el tema "Uso del la Tilosina en el tratamiento de la mamitis". Para impulsar el seminario, participó , técnico del laboratorio ELANCO Veterinaria.
Después de la exposición inicial, se inició un interesante debate sobre las interacciones de la Tilosina (como antibiótico bacteriostático) con los principales tratamientos por vía intramamaria, normalmente a base de productos con acción bactericida.
Disponemos de interesante bibliografía que fué aportada por los compañeros de ELANCO.
Estos seminarios formativos son organizados periódicamente, con el doble objetivo de facilitar información de interés a nuestros técnicos, y servir de foro de discusión e intercambio de experiencias.

PULPADA DE EMPRESA


Unha das tradicións lucenses é a celebración das pulpadas, comidas a base de pulpo á feira nas que se reunen grupos de amigos, compañeiros de empresa, etc.
Nesta ocasión, por desgracia non todos puideron asistir á pulpada ADSGestion/Serivet.
O vindeiro ano, a organización da pulpada correrá a cargo do Departamento Administrativo, a cargo das compañeiras Marta Varela e Ivana Rodriguez.
Na foto, de esqueda a dereita, aparecen Marina Pardo, Rocío Alvarez, Sandra Vigo, Juan C. Laxe, Marta Varela, Jorge Indalecio Rodriguez, Ivana Rodriguez, Carlos Diaz de Pablo, Jaime Ríos, Alvaro, Manel Sande e Ana. A foto foi sacada por Sabela Jurjo, e non aparecen Ramón Comesaña, Angel Nuñez, Rosa Cuervo, Fátima Sanesteban, Berni Fernandez, Amaia Santamarta e Antonio Gonzaez.

Congreso sobre Calidad de la Leche en Mallorca


En el último número de la revista albeitar se publica un reportaje del laboratorio Intervet/Schering Plough sobre distintas campañas informativas sobre diversos productos de dicha empresa.
Se comenta, entre otros, el Congreso sobre Calidad de Leche que tuvo lugar los días 2 y 3 de Julio en Palma de Mallorca, al que asistieron nuestras compañeras Marina Pardo López y Rocío Alvarez Zamuz (Serivet Veterinaria SL)